28 oct 2010

ONDE ESTABA MARTÍN MESÍAS?


Ao achegarse o día dos mortos, fenómenos estraños ocorren, incluso na web.
Trasgos, bruxas e fadas comezan a bailar. Aparecen e desaparecen obxectos ou mudan de lugar. Tal debeu de ser o que aconteceu co retrato que fixen de Martín Mesías, que misteriosamente, desapareceu da presentación de fotos do día que saímos para a observación do contorno. Algún trasgo atrevido debeu agachalo para burlarse de nós.
Publícoo agora illado para remediar tan desafortunado incidente, confiando que algo tan desagradable non volva suceder.

1 comentario:

ESO Viaño Pequeno dijo...

Sospeito que Martín Mesías como lle gusta moito todo o relacionado coa natureza e as saídas que se realizan, ía investigando pola súa conta. O que él non imaxinaba e que o ían a cachar, e agora...toma!!, ten unha páxina do blogue para él soíño. Hai que ser listo!!!