29 nov 2010

O SENDEIRISMO

De Collage burbullas 1
Adicámoslle tres sesións a resumir que é o sendeirimo. Na primeira sesión dividimos a clase en catro grupos. A cada grupo os profes déronlle un texto: Que é o sendeirismo, consellos para ser bo sendeirista, consellos para ser bo naturalista e o que debemos levar cando imos facer sendeirismo.
Despois de lelos e resumilos, cada grupo fixo unha exposición oral do que aprendiu sobre o tema.
Na última sesión, fixemos unhas burbullas de cartolina nas que escribimos os consellos para ser bo sendeirista e naturalista.
Se queres coñecer a nosa síntese da informacion pincha aqui

26 nov 2010

O CICLO DA AUGA

Na clase de inglés aprendemos unha canción sobre o ciclo da auga, e na clase de naturais cantámola e fixemos un experimento sobre o ciclo da auga.

Trouxemos o material do laboratorio para a clase:

- Vaso de precipitados con auga
- Soporte con reixa
- Acendedor Bunsen
- Vidro de reloxo

Martín Mesías

22 nov 2010

COMO É O RÍO PARA TI


Esta actividade realizámola na clase de C. Sociais ao principio do curso. Nela, cada un@ de nós tiña que explicar o que significaba o río para nós, utilizando os nosos coñecementos anteriores. Aquí enlazamos con algún outro traballo.


Para mín o río é unha corrente de auga natural. Pódese aproveitar a corrente para fabricar electricidade.

Existen moitas especies de peixes nos ríos, algúns moi raros e outros en perigo de extinción. Tamén existen anfibios que precisan as augas dos ríos para vivir, como as ras e os sapos. E hai paxaros que aniñan preto dos ríos como as garzas.

Hoxe en día moitos ríso están contaminados polas industrias e outros vertidos que tiramos sen darnos conta do dano que facemos.

os ríos tamén son moi importantes para o noso tempo libre, xa que nos ríos podemos pescar, facer piragüismo, nadar ou facer sendeirismo preto ou o londo dun río.

Miguel Rey

17 nov 2010

Excursión ao Mandeo



Por fin chegou o momento de escribir no blogue...e por fin chegou o momento de coñecer aos compañeiros de Trazo, aínda que xa viramos as súas fotos (por certo, pronto mandaremos as nosas).

O día 4, recollímoslos cedo no colexio e fomos cara ao río Mandeo. Despois dunha breve presentación con Lidia, a profesora de EF, baixamos á aula de natureza e a monitora explicounos sobre a flora ,fauna, o ciclo da auga, a maqueta da zona, localizando o río .....

Ao sair da aula de natureza fomos camiñar pola beira do río Mandeo. A guía explicounnos moi ben a fauna e a flora.Vimos moitos tipos de setas: boletus,amanita muscaria...Díxonos que alí había cousas únicas como o mexillón de río e o fieto real.Os profesores explicáronnos o funcionamento dos muiños.Despois vimos as ruinas dun antigo balneario que por moito tempo foi un gran atractivo turístico.Cando chegamos a central hidroelétrica puxémonos a comer os bocadillos.

Á volta, o camiño era moi esvaradizo. Ao final todos tivemos que andar por unhas rochas que estaban á beira do río. Foi moi divertido ainda que viñemos moi cansos. Temos ganas de repetir!!!

Compañeir@s de Ponte Carreira

16 nov 2010

O PRI? QUE É O PRI?

Despois de case dous meses de escola xa entendemos o que é o PRI. Por iso fixemos este vídeo no que vos explicamos en que consiste esta materia, como traballamos na clase, as materias que participan e o que facemos.
Gravámolo na nosa aula.
Animádevos a velo!



6 nov 2010

Indentificación de Especies

En Chelo, ao saír da aula de natureza, fixemos un itinerario medioambiental acompañad@s por unha monitora que nos axudou a identificar algunhas das especies que atopamos polo camiño. Esperamos que esta presentación sirva para refrescar a vosa memoria.

3 nov 2010

THE WATER CYCLE

Unha canción moi divertida sobre a auga. Se queres aprender mellor a letra, preme aquí.