28 abr 2011

A BARCA DE CHAIÁN E A CONSTRUCIÓN DA PONTE. ENTREVISTA.


A continuación podedes escoitar a entrevista que lle fixen a Anselmo, un veciño de 79 anos da parroquia de Chaián.
Nesta conversa, Anselmo fálanos sobre o río tambre, e vainos contando cómo facían as persoas para cruzar o río antes de que houbera ponte e algunhas cousas máis sobre o tema da ponte.
Espero que vos guste e... deixade algún comentario sobre esta entrada.
Belén



19 abr 2011

O ecosistema do río

Podes ler o texto completo seguindo os nomes por orde alfabético:
Esteban, Miriam, Cristina, Belén, Daniel, Martín Mesías, Laura, Damián, Marta, Alba,
Miguel, Adrián, Martín Rouco, Raquel.

18 abr 2011

Minerais e Rochas ó longo do percorrido do Tambre

Raquel, Marta, Esteban, Belén, Miriam, Adrián, Cristina e Alba, dan a coñecer algúns minerais e rochas de Galicia, que tamén se atopan ó longo do percorrido do río Tambre.

As tres concas do río Tambre: Minerais e rochas

Martín Rouco, Miguel e Martín Mesías, van ensinando algúns minerais e rochas específicos das concas: alta, media e baixa do río Tambre.

PRÁCTICA DE ROCHAS

Laura, Damián e Dani, fan unha práctica para distinguir o seixo do mármore.

14 abr 2011

CHAIÁN NOS ANOS 70

Pouco tempo antes de construcción da ponte.

Damos as grazas á familia de Adrián Paz que nos cedeu esta gravación coa que nos achegamos un pouco ao noso pasado e á vida no noso concello recoñecendo a importancia que o río sempre tivo para nós.

12 abr 2011

A CONCA DO RÍO TAMBRE


O río Tambre forma unha conca alongada de 1.531 km². Nace nos montes de Bocelo, parroquia de Porta no municipio de Sobrado, e transcorre polos municipios de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos. Noia e Lousame. A súa desembocadura forma un esteiro entre os municipios de Muros e Noia.

Imos dividir para o seu estudio o percorrido en tres partes:


1- Conca alta do río: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía..
2- Conca media: Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela.
3- Conca baixa ata a súa desembocadura: Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

1.Conca alta do río: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía,
O concello de Sobrado está formado por veigas chas, terrazas aluviais formadas por sedimentos arrastrados polos ríos e áreas que podemos chamar de montaña, que ocupan as cotas máis altas e que presentan un accidentado relevo con fortes desniveis.
Boimorto pertence ao que en Galicia chamamos terras de «montaña». Son terras de relevo ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin altos cumios. A altitude vai de 614 metros no Coto de Salgueiros, ao sur do municipio, aos 400m na beira do Tambre.

Desde o punto de vista hidrográfico o municipio de Boimorto atópase sobre unha serie de lomas divisorias das concas do Tambre e o Ulla.

O primeiro sérvelle de límite setentrional co concello de Présaras, formando lugares naturais de gran interese por paraxes como o dos muíños de Valdoña, o da antiga central eléctrica de Mezonzo , onde se xunta ao río Cabalar, ou o das ruínas da fábrica de tecidos de Présaras.

2.Conca media: Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela.
O concello de Frades se diferenza polas súas verdes e extensas praderías, salpicadas de fermosas e interesantes ribeiras.


3.Conca baixa ata a súa desembocadura: Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

O río Tambre entra no sector oriental da conca baixa, provinte do Leste, a través dun profundo barranco de 15 km de lonxitude cun trazado escavado con meandros irregulares. En contraste con a espectacularidade do encaixamento, a pendente do cauce ao longo deste é moi baixa (entre Ponte Albar e Portomouros descenden 35 m de desnivel en 10 km, incluído un «escalón» de 4 km de lonxitude que salva os 23 m de diferenza).

O Dubra, de 19 km de lonxitude, nace sobre o collado de Anxeriz, e diríxese cara o sur cun trazado recto, adaptándose as fracturas de dirección N-S do corredor Razo-Bertamiráns, e confluíndo co Tambre en Portomouro. Entre Portomouro e Tapia, o Tambre construíu un chan aluvial de 300-400 m de ancho, aproveitando a presenza dun sistema de fracturas subparalelas N-S que forman parte do conxunto que configuran a Depresión Meridiana, o que lle permitiu anchear o val.

Despois de Tapia, no km 25, o val xira cara o Noroeste, estréitase e finaliza nun chan aluvial. A partir deste punto e ata o km 32 en Ponte Nova, o Tambre discorre por outra garganta que dende o xiro inicial describe un arco de 2 km e reoriéntanse cara o Sur en continuidade coa fractura seguida polo seu afluente o Portolaxe.
Por último xira ao Suroeste seguindo outra fractura e abríndose algo o fondo do val, permitindo a formación do chan aluvial.

OS BATÁNS DE OA

Ao principio da 2ª avaliación realizamos un traballo de investigación sobre os batáns na materia de ciencias sociais.Utilizamos bibliografía diversa e tamén internet para a busca da información requerida pola profesora. Neste poster interactivo presentamos unha síntese dos traballos.


Bibliografía:
www.wikipedia.org
www.taramundi.net
www.concellodetrazo.es
www.navegandotrazo.blogstpot.com
www.google.es/images
Enciclopedia Encarta
Dicionario Xerais da Lingua Galega
Enciclopedia Galega
Obradoiro de Historia (Asociación cultural)

6 abr 2011

MÁIS QUE H2O...



A auga que consumimos, especialmente a procedente de mananciais, contén certa cantidade de materiais e outras substancias.

Esta auga normalmente ten a súa orixe en zonas máis profundas e afastadas do lugar onde xurde a súa fonte. Nese viaxe vaise filtrando por rochas que atravesan, e enriquécense coas substancias que as compón.


Asdo: Belén García Lijó

4 abr 2011

Ruta por Frades

As alumnas de Ponte Carreira recomendámosvos que vos pasedes por Frades e visitedes os maravillosos lugares que vos mostramos a continuación :

Partimos da Area Recreativa “Os Pasos “,en Aiazo, un dos lugares máis destacados deste Concello. A uns metros atopamos a Ponte Romana que separa o Concello do Pino do Concello de Frades. Un pouco máis lonxe está A Praia Fluvial “A Presa”, outro dos lugares de gran actractivo para os visitantes e veciños.

Na marxe dereita do río Tambre atópase unha chaira que conta cunha gran variedade de prantas, fieitos e árbores propias das ribeiras dos ríos . Se seguimos avanzando chegamos á Presa da Fraga .

Cruzamos pola aldea de Sanamil, que conta cun lavadoiro típico. Nos últimos quilómetros contemplamos os Muiños do Couso.

Finalizamos coa Ponte de Brates que separa os Concellos de Frades e Boimorto.

Se queredes coñecer máis sobre esta información, visitade esta páxina web:

http://www.concellodefrades.es/descarga/ruta-do-tambre.pdf