12 abr 2011

A CONCA DO RÍO TAMBRE


O río Tambre forma unha conca alongada de 1.531 km². Nace nos montes de Bocelo, parroquia de Porta no municipio de Sobrado, e transcorre polos municipios de Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos. Noia e Lousame. A súa desembocadura forma un esteiro entre os municipios de Muros e Noia.

Imos dividir para o seu estudio o percorrido en tres partes:


1- Conca alta do río: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía..
2- Conca media: Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela.
3- Conca baixa ata a súa desembocadura: Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

1.Conca alta do río: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía,
O concello de Sobrado está formado por veigas chas, terrazas aluviais formadas por sedimentos arrastrados polos ríos e áreas que podemos chamar de montaña, que ocupan as cotas máis altas e que presentan un accidentado relevo con fortes desniveis.
Boimorto pertence ao que en Galicia chamamos terras de «montaña». Son terras de relevo ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin altos cumios. A altitude vai de 614 metros no Coto de Salgueiros, ao sur do municipio, aos 400m na beira do Tambre.

Desde o punto de vista hidrográfico o municipio de Boimorto atópase sobre unha serie de lomas divisorias das concas do Tambre e o Ulla.

O primeiro sérvelle de límite setentrional co concello de Présaras, formando lugares naturais de gran interese por paraxes como o dos muíños de Valdoña, o da antiga central eléctrica de Mezonzo , onde se xunta ao río Cabalar, ou o das ruínas da fábrica de tecidos de Présaras.

2.Conca media: Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Órdes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela.
O concello de Frades se diferenza polas súas verdes e extensas praderías, salpicadas de fermosas e interesantes ribeiras.


3.Conca baixa ata a súa desembocadura: Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

O río Tambre entra no sector oriental da conca baixa, provinte do Leste, a través dun profundo barranco de 15 km de lonxitude cun trazado escavado con meandros irregulares. En contraste con a espectacularidade do encaixamento, a pendente do cauce ao longo deste é moi baixa (entre Ponte Albar e Portomouros descenden 35 m de desnivel en 10 km, incluído un «escalón» de 4 km de lonxitude que salva os 23 m de diferenza).

O Dubra, de 19 km de lonxitude, nace sobre o collado de Anxeriz, e diríxese cara o sur cun trazado recto, adaptándose as fracturas de dirección N-S do corredor Razo-Bertamiráns, e confluíndo co Tambre en Portomouro. Entre Portomouro e Tapia, o Tambre construíu un chan aluvial de 300-400 m de ancho, aproveitando a presenza dun sistema de fracturas subparalelas N-S que forman parte do conxunto que configuran a Depresión Meridiana, o que lle permitiu anchear o val.

Despois de Tapia, no km 25, o val xira cara o Noroeste, estréitase e finaliza nun chan aluvial. A partir deste punto e ata o km 32 en Ponte Nova, o Tambre discorre por outra garganta que dende o xiro inicial describe un arco de 2 km e reoriéntanse cara o Sur en continuidade coa fractura seguida polo seu afluente o Portolaxe.
Por último xira ao Suroeste seguindo outra fractura e abríndose algo o fondo do val, permitindo a formación do chan aluvial.

No hay comentarios: