25 may 2011

CONSTRUCIÓNS DE AUGA DO RÍA CHONIA

Nesta presentación veredes a situación e gráficos das construción de auga no río Chonia no concello de Trazo. Magoa que se atopen neste estado de abandono.

19 may 2011

O ECOSISTEMA DO RÍO

A carón do río Chonia realizamos esta gravación sobre o Ecosistema do Río, tema que preparamos na clase de Ciencias Naturais. Moito temos aprendido este ano sobre presentación da información aprendida e, aínda que as veces os nervios poden traizoar a calquera, non cabe dúbida que collemos táboas para estar diante dunha cámara. Aquí veredes unha síntese do noso traballo.

18 may 2011

AS CIENCIAS DA PAISAXE

O 14 de Marzo fixemos na clase de Sociais unha sesión na biblioteca na que buscamos información seguinte: Os concellos polos que pasa o Tambre, o perfil, o solo, os hábitats de bosques de ribeira e as ciencias que estudan a paisaxe.
Bibliografía: Gran Enciclopedia Galega, Tomo XLI, páx. 204-206

12 may 2011

O LEITO DO TAMBRE


O río Tambre discorre, na súa maior parte, por un terreo aplanado. A 700 mts vai discorrendo por chanzos. Preto da desmbocadura, o perfil do río cae de forma brusca, de xeito que nun tramo de 3 km de granito homoxéneo, localízase a pendente máxima de todo o perfil do río, agás un tramo curto na cabeceira.