28 oct 2010

ONDE ESTABA MARTÍN MESÍAS?


Ao achegarse o día dos mortos, fenómenos estraños ocorren, incluso na web.
Trasgos, bruxas e fadas comezan a bailar. Aparecen e desaparecen obxectos ou mudan de lugar. Tal debeu de ser o que aconteceu co retrato que fixen de Martín Mesías, que misteriosamente, desapareceu da presentación de fotos do día que saímos para a observación do contorno. Algún trasgo atrevido debeu agachalo para burlarse de nós.
Publícoo agora illado para remediar tan desafortunado incidente, confiando que algo tan desagradable non volva suceder.

25 oct 2010

SENDERISMO POLO RÍO MANDEO



A mestra de naturais o xoves 28 de outubro, deunos un folleto que dixo que íamos levar o día da saída ao río Mandeo. Colocounos a tod@s sentados no chan, ao redor do mural do río que pintamos na clase de plástica; íamos lendo cada un de nós un parágrafo, e foinos explicando todo o que podíamos ver; moitas das cousas que explicaba xa estaban pegadas no noso río feito en plástica, porque eran os recortes que nos dera a profesora para que pegaramos onde quixeramos.
Sacounos unha foto lendo o folleto, pero non pensedes que estabamos tan formais, e que como non cabiamos tod@s colocámosnos adrede.





O folleto ímolo levar con nós. Pero o máis divertido é que para que non nos estorbe e no teñamos que levar todo o tempo as mans ocupadas, encártase e gárdase nun peto.

No vídeo vese como hai que encartalo


23 oct 2010

ECOSISTEMAS

A mestra de naturais o mércores 27 de outubro, entrou na clase, viu o río que debuxáramos na clase de plástica e púxose moi contenta porque as fotos que pegamos xunto o noso río eran cousas que íamos ver no itinerario polo río Mandeo.

Explicounos que nese río había moita biodiversidade(moita clases de seres vivos).E que esa biodiversidade pertencía a un ecosistema.

Entón explicounos que un ecosistema "é un lugar onde hai unhas condición ambientais determinadas: unha temperatura, humidade, luminosidade etc. e nese lugar conviven moitas clases de seres vivos: os animais( incluído o ser humano) e os vexetais; e tamén os seres inorgánicos, (non vivos) coma os minerais, aire, lume e auga".




O primeiro que escriba en comentarios despois de ver o video o que é poboación e habitat, póñolle un positivo. Ánimo!!!, que sobe a nota!!!

DEBUXAMOS UN RÍO

Na clase de plástica a mestra colocou sete folios un a continuación do outro, e por parellas fomos pintando o perfil dun río. Cando tiñamos debuxado o perfil mandounos sentar e cada parella debuxou o que quixo no seu tramo, e logo pintámolo.

Na seguinte clase trouxo unhas fotografías recortadas de animais, plantas, un muíño, unha central eléctrica etc, e mandounas pegar na parte do río que cada un quixera

Quedou así de chulo¡¡
Vista panorámica:

Detalle a detalle:

CLASIFICACIÓN E EXPOSICIÓN

Como xa comentamos, o martes na clase de naturais cubrimos o caderno de prácticas, e o mércores fixemos un mural para clasificar as cousas que recollimos de camiño ó regato e fixemos unha pequena exposición con todo o material clasificado.

19 oct 2010

SAÍDA AO CONTORNO

O día da saída ao contorno, luns día 18, levamos un caderno con normas para ser un b@ naturalist@ e tamén para escribir as nosas observacións.

O martes na clase de naturais fixemos as actividades do final do caderno. Cada un de nós tiña o seu, pero aquí móstrase a metade do caderno de Miguel e a outra metade do caderno de Raquel, porque todos ocuparían moito.

RUTA POLO RÍO MANDEO

O xoves 4 de Novembro @s alumn@s de Viaño e Pontecarreira realizaremos xuntos unha ruta de sendeirismo ao longo do Mandeo. Primeiro visitaremos a aula de natureza de Chelo e comezaremos cun itinerario guiado, despois ...a seguir o camiño con todos os nosos sentidos atentos, xa que hai moito que ver, oir, ulir, sentir...
Podemos ver o percorrido (pero só se utilizamos internet explorer).

OBSERVACION DO CONTORNO

Con esta presentación de fotos queremos que nos coñezan @s nos@s compañeir@s de Ponte Carreira. As fotos sacáronse durante a saída que fixemos o luns 18. Nesta saída puxemos en práctica o método científico. Fixemos un pequeno percorrido polo contorno do colexio que leva a un regato que hai cerca do campo de fútbol. Levamos algúns utensilios que nos axudaron na nosa observación da natureza: caderno e lapis, cámara de fotos, luvas e unha bolsa para recoller mostras, paleta, cinta métrica… A mestra díxonos que tiñamos que preparar ben os nosos sentidos e que tiñamos que apuntar as nosas impresións, como nos sentiamos, os sons, os animais e plantas e o que nos chamou a atención.

18 oct 2010

Limpando un río a Bolazos


Esta foto ilustra unha curiosa noticia que saía publicada Na Voz de Galicia onte domingo, e que ten relación coa rexenereción do río Carboeiro que desauga no Tambre na vila de Sigüeiro. Se queredes saber de que vai a cousa, na que ademais participaron escolares de alí podedes ler a noticia completa aquí
Estaría ben saber algo mais sobre o que é iso do EM-Dango.

15 oct 2010

O Método Científico

A mestra de Naturais un dous primeiros dias de escola, entrou na clase e fíxonos un xogo:

Mandounos saír dá clase e mentres ela cambiou algunhas cousa de sitio. Logo, mandounos entrar e ir ía apuntando nun papel as cousas que criamos ela mudara de lugar.
Con este xogo ela quería saber se éramos bos observadores, pois é unha dás calidades que hai que ter para ser un bo cientif@

Explicounos porque naceran as Ciencias: grazas a persoas que tiñan moita curiosidade por saber todo sobre o mundo que nos rodea. Estas persoas son os científic@s, e contounos que algúns, mesmo puxeron en perigo a súa vida por defender as súas ideas.

Tamén nos deu unha lista de científicos e científicas para que nós buscásemos información sobre as súas investigacións nas enciclopedias, internet etc. e así soubemos moitas cousas sobre os seus descubrimentos.

Vimos claro tamén que para chegar a eses descubrimentos, antes, os científic@s tiveron que facerse moitas preguntas, e unha vez feitas, para poder contestalas tiveron que seguir un modelo, un método, este modelo chámase “Método científico”.

FASES DO MÉTODO CIENTÍFICO:
  • Observación: fase na que se considera un problema ou unha pregunta.
  • Formular unha hipótese: unha hipótese ben sendo unha suposición, unha explicación teórica .
  • Experimentación: demóstrase mediante probas prácticas que a hipótese é acertada ou non.
  • Conclusión: Despois de comprobar moitas veces que os experimentos se repiten sempre dá mesma maneira, a hipótese xa esta comprobada, e entón, elabórase unha Conclusión en forma de teoría ou lei.
  • Finalmente comunícanse os resultados para o beneficio de todo o mundo.

    E por último ensinounos un vídeo de "You Tube" na que un científico chegou a conclusión despois de facer experimentos que a auga salgada era un bo condutor eléctrico.

    Aquí poñemos o enlace ao vídeo:

    http://vodpod.com/watch/3267389-el-mtodo-cientfico-beakman

    Cristina e Damián
Queres comprobar as túas dotes como observador, observadora?. Pois busca as 7 diferenzas nas dúas ilustracións a ver se eres capaz de atopalas. A menos tempo mellor científic@.


14 oct 2010

O ANAINAR DO AMAR


Antes de nada, Parabens, polo nome do blogue!: “O ANAINAR DO TAMBRE”

O primeiro que fixen foi coller un dicionario e busquei o verbo “anainar”, e lin:

Anainar: v.a. acariciar, arrolar maternalmente con cariño de Nai // arrolar con palabras agarimosas e tranquilizadoras

Gústame o verbo“anainar” porque:

  • O río arrólanos co seu son coma se nos coñecese desde sempre, a nós e a todas as cousas, e sen esperar nada a cambio.

  • O río, deixa que os peixes o penetren e vivan no seu interior ofrecéndolle a súa inmensidade, tanto é así que os peixes o navegan e viven de el, pero o descoñecen.

  • O río é sereno, pero tamén entraña o poder e a tempestade.

  • O río anaina a todo e a todos sen pretensións, sen xuízos, sen valoracións. Por algo será que a fonética de “Anainar” teña que ver coa da palabra “Amar”.

Poderíamos pois, dicir:

O río,”O anainar do amar, así de directo e fácil, porque o río se o tratamos ben,

AMA.



Benvid@s



Damos a benvida ao alumnado de Ponte Carreira e de Trazo a O Anainar do Tambre. Con este blogue creamos un espazo no que compartir todas as actividades, reflexións, imaxes e traballos de investigación que realicemos sobre o río Tambre. Agardamos as vosas achegas e comentarios.