Antes de nada, Parabens, polo nome do blogue!: “O ANAINAR DO TAMBRE”
O primeiro que fixen foi coller un dicionario e busquei o verbo “anainar”, e lin:
Anainar: v.a. acariciar, arrolar maternalmente con cariño de Nai // arrolar con palabras agarimosas e tranquilizadoras
Gústame o verbo“anainar” porque:
- O río arrólanos co seu son coma se nos coñecese desde sempre, a nós e a todas as cousas, e sen esperar nada a cambio.
- O río, deixa que os peixes o penetren e vivan no seu interior ofrecéndolle a súa inmensidade, tanto é así que os peixes o navegan e viven de el, pero o descoñecen.
- O río é sereno, pero tamén entraña o poder e a tempestade.
- O río anaina a todo e a todos sen pretensións, sen xuízos, sen valoracións. Por algo será que a fonética de “Anainar” teña que ver coa da palabra “Amar”.
Poderíamos pois, dicir:
O río,”O anainar do amar”, así de directo e fácil, porque o río se o tratamos ben,
AMA.
1 comentario:
non sabía o que significaba anainar pero agora xa o sei!
Publicar un comentario