15 oct 2010

O Método Científico

A mestra de Naturais un dous primeiros dias de escola, entrou na clase e fíxonos un xogo:

Mandounos saír dá clase e mentres ela cambiou algunhas cousa de sitio. Logo, mandounos entrar e ir ía apuntando nun papel as cousas que criamos ela mudara de lugar.
Con este xogo ela quería saber se éramos bos observadores, pois é unha dás calidades que hai que ter para ser un bo cientif@

Explicounos porque naceran as Ciencias: grazas a persoas que tiñan moita curiosidade por saber todo sobre o mundo que nos rodea. Estas persoas son os científic@s, e contounos que algúns, mesmo puxeron en perigo a súa vida por defender as súas ideas.

Tamén nos deu unha lista de científicos e científicas para que nós buscásemos información sobre as súas investigacións nas enciclopedias, internet etc. e así soubemos moitas cousas sobre os seus descubrimentos.

Vimos claro tamén que para chegar a eses descubrimentos, antes, os científic@s tiveron que facerse moitas preguntas, e unha vez feitas, para poder contestalas tiveron que seguir un modelo, un método, este modelo chámase “Método científico”.

FASES DO MÉTODO CIENTÍFICO:
  • Observación: fase na que se considera un problema ou unha pregunta.
  • Formular unha hipótese: unha hipótese ben sendo unha suposición, unha explicación teórica .
  • Experimentación: demóstrase mediante probas prácticas que a hipótese é acertada ou non.
  • Conclusión: Despois de comprobar moitas veces que os experimentos se repiten sempre dá mesma maneira, a hipótese xa esta comprobada, e entón, elabórase unha Conclusión en forma de teoría ou lei.
  • Finalmente comunícanse os resultados para o beneficio de todo o mundo.

    E por último ensinounos un vídeo de "You Tube" na que un científico chegou a conclusión despois de facer experimentos que a auga salgada era un bo condutor eléctrico.

    Aquí poñemos o enlace ao vídeo:

    http://vodpod.com/watch/3267389-el-mtodo-cientfico-beakman

    Cristina e Damián
Queres comprobar as túas dotes como observador, observadora?. Pois busca as 7 diferenzas nas dúas ilustracións a ver se eres capaz de atopalas. A menos tempo mellor científic@.


8 comentarios:

laura dijo...

ola son Laura e encontrei as sete diferencias. Pero vouvos a dicir unha. a orella do cervo.

danielgonzaleztrazo@gmail.com dijo...

Xa esncontrei as 7 diferenzas.Só vouvos dicir unha.Está na bolboreta.
Daniel

Marta Otero Ramas dijo...

eu son MARTA e encontrei as 7 diferenzas,vouvos decir unha:fixastesvos na raia da cola da mofeta???:-)
ÁNIMO!!!!!

adrian rios dijo...

ola son Rios e encontrei as flores que esta xunta o tronco
asinado adrian rios gonzalez

Miriam dijo...

Outra diferenza máis! Fixástesvos en que nunha imaxe a maleza cobre máis o tronco?

Miriam-1ºESO

Anónimo dijo...

Ola son Damián encontrei outra.
Unha flor ao lado do tronco.

esteban dijo...

ola son esteban só vou vou a decir unha diferenza nun debuxo o cervo ten 6 manchas e noutro 5

Belén dijo...

Ola son Belén, encontrei as sete diferenzas.Vouvos dicir unha delas,
fixádevos na pata traseira