A mestra de Naturais un dous primeiros dias de escola, entrou na clase e fíxonos un xogo:
Mandounos saír dá clase e mentres ela cambiou algunhas cousa de sitio. Logo, mandounos entrar e ir ía apuntando nun papel as cousas que criamos ela mudara de lugar.
Con este xogo ela quería saber se éramos bos observadores, pois é unha dás calidades que hai que ter para ser un bo cientif@
Explicounos porque naceran as Ciencias: grazas a persoas que tiñan moita curiosidade por saber todo sobre o mundo que nos rodea. Estas persoas son os científic@s, e contounos que algúns, mesmo puxeron en perigo a súa vida por defender as súas ideas.
Tamén nos deu unha lista de científicos e científicas para que nós buscásemos información sobre as súas investigacións nas enciclopedias, internet etc. e así soubemos moitas cousas sobre os seus descubrimentos.
Vimos claro tamén que para chegar a eses descubrimentos, antes, os científic@s tiveron que facerse moitas preguntas, e unha vez feitas, para poder contestalas tiveron que seguir un modelo, un método, este modelo chámase “Método científico”.
FASES DO MÉTODO CIENTÍFICO: - Observación: fase na que se considera un problema ou unha pregunta.
- Formular unha hipótese: unha hipótese ben sendo unha suposición, unha explicación teórica .
- Experimentación: demóstrase mediante probas prácticas que a hipótese é acertada ou non.
- Conclusión: Despois de comprobar moitas veces que os experimentos se repiten sempre dá mesma maneira, a hipótese xa esta comprobada, e entón, elabórase unha Conclusión en forma de teoría ou lei.
- Finalmente comunícanse os resultados para o beneficio de todo o mundo.
E por último ensinounos un vídeo de "You Tube" na que un científico chegou a conclusión despois de facer experimentos que a auga salgada era un bo condutor eléctrico.
Aquí poñemos o enlace ao vídeo:
http://vodpod.com/watch/3267389-el-mtodo-cientfico-beakman
Cristina e Damián
Queres comprobar as túas dotes como observador, observadora?. Pois busca as 7 diferenzas nas dúas ilustracións a ver se eres capaz de atopalas. A menos tempo mellor científic@.

