31 mar 2011

DIA MUNDIAL DA AUGA

Agua para las ciudades: responder al desafío urbano»

O Día Mundial da Auga celébrase anualmente o 22 de marzo chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a defensa da xestión sostible dos recursos da auga doce.

Cada año, o Día Mundial da Auga destaca un aspecto particular. O obxectivo deste ano é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incertidume causada polo cambio climático, os conflitos e os desastres naturais sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.

O tema de este año, Auga para las cidades: respondendo ao desafío urbano, ten por obxecto poñer de relevo e alentar aos gobernos, as organizacións, comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana.

15 mar 2011

Os nosos cadernos: percorrido polo ríoTambre

Na clase de plástica decoramos os nosos cadernos individuáis donde tratamos flora, fauna, e tipos de solo que podemos atopar ó longo das zonas que percorre o río Tambre.

Aquí vemos un collage feito cos cadernos, e tamén podemos ver a película donde sae de un en un.

Posted by Picasa


12 mar 2011

DESCUBRINDO A AUGA

(Recollidos por Marta)

Quen descubriu a auga?




Non podemos averiguar quen foi o primeiro en darse de conta. Sen embargo si que coñecemos as persoas que descubriron a súa natureza. En 1781 un científico de apellido Cavendish descubriu que non era un elemento como ata ese momento se pensaba; en realidade era unha substancia composta de dous elementos. Dous anos máis tarde outro científico, Lavoisier, averiguou que estos dous elementos eran o osíxeno e o hidróxeno.




Cando comezou a chover?


As primeiras chuvias comezaron cando o noso planeta aínda se estaba formando. Algúns calculan que isto sucedeu fai uns 4.200 millóns de anos, cando a temperatura terrestre baixou o suficiente como para que o vapor de auga se condensara e formara as chuvias. Pero, suponse que a maior parte da auga terrestre apareceu no momento no que varios cometas chocaron co noso planeta.






11 mar 2011

DESCUBRINDO A AUGA

Por que a auga do mar é salgada?

As rochas están formadas por compostos químicos nos que se atopan as sales.
Cando a auga da chuvia esvara sobre elas, pode disolver e arrastrar esas substancias ata o mar; sen embargo, esta explicación segue sen aclarar porque hai tanta cantidade de sal nos océanos (35 gramos en cada litro). Parece ser que a súa orixe principal é a disolución das sales que conteñen as lavas das numerosas erupcións volcánicas submarinas.









Por que cando estamos moito tempo na auga enrúganse os dedos?

Como a nosa pel non é totalmente impermeable, cando a auga entra na pel durante un tempo prolongado, esta acaba por absorbela. Isto fai que a pel aumente de tamaño e se inche.
Pero como nos dedos non cabe máis pel da que hai, enrúgase para seguir cubrindo a mesma superficie. A pel das mans e dos pés é a máis grosa que a das outras partes do corpo; así, pode absorber máis auga e enrúgarse máis da que temos nas outras partes do corpo.


Belén García Lijó



DESCUBRINDO A AUGA

A auga fervida está máis contaminada que a do tempo?

A auga pode estar contaminada por substancias químicas (plaguicidas, xofre, etc.) ou por microorganismos (bacterias, protozoos, etc.). Fervela podería servir para destruir gran parte dos microbios, pero non a maioría das substancias que contén. Incluso, como unha parte da auga se evapora mentras ferve, este tratamento podería aumentar o grao de contaminación.

Por que din que a auga é insípida e cando a bebemos si que sabe?

A auga pura é insípida, pero apenas existe na natureza. Por iso a que bebemos contén minerais ou outras substancias disoltas (como sales) que son as que lle dan sabor. Se nos fixamos na etiqueta dunha botella de auga podemos comprobar como é a súa composición, e se comparamos botellas de marcas distintas veremos que a composición pode ser diferente.

As gotas de auga non olen, ole a flor
A auga é inodora
A auga non ten cor, é incoloraA auga pura non ten sabor, é insípida

Miriam Castro Deus