9 mar 2011

WATER USE: Poster interactivo

Con este poster aprendimos consellos para aforrar auga na casa. Tamén algúns usos da auga en inglés e unha canción moi chula. O que máis nos sorprendeu foi o mapa!

2 mar 2011

HISTORIA DA PONTE DE CHAIÁN (1956-1977)

Para nós, @s máis nov@s da Parroquia, parece como se a ponte de Chaián xa estivese aí de sempre. En realidade ten unha longa historia de case 21 anos dende a primeira constancia da súa petición ata a inauguración. Moito traballo para conseguir algo beneficioso para tódolos veciños, no só desta Parroquia, senón tamén para os de todo o Concello.
Publicamos unha liña do tempo, síntese da historia desta ponte e se clicades aquí tedes algún detalle máis. este traballo fixémolo utilizando como bibliografía a revista "O Barqueiro", publicación da asociación de veciños "A Carballeira", que tiña publicado un artigo sobre este tema.


28 feb 2011

PERFIL DO TAMBRE


Fixestes algunha vez o perfil dun río? Nós construímos o perfil do Tambre.
O perfil dun río é un gráfico lineal que expresa a pendente en cada tramo en función da lonxitude e da altitude.

O día 26 de xaneiro comezamos. O material necesario é papel milimetrado, lápis, regra e… paciencia.
Primeiro buscamos a información e o perfil sobre o Tambre na enciclopedia Hércules ( Logo fixemos un borrador na clase e o día 28 de xaneiro fomos á biblioteca onde realizamos o perfil con toda a precisión posible.
O proceso foi o seguinte: no papel milimetrado, e coa axuda dunha regra, trazamos unha liña que representa a lonxitude en km que percorre o río e marcámola cada 5 km. Despois trazamos unha liña vertical que representa a altura á que nace o río (altitude) expresada en metros. Unha vez feito isto, fomos unindo por puntos.
Así realizamos esta gráfica sobre o Tambre, que nace a 500m e baixa a 400m no km de percorrido. Unha observación importante: Nalgúns libros indica o nacemento a 700 metros, isto é porque consideran que nace nos montes de Bocel. Outros libros sinalan o nacemento a 500 metros, altitude que noós tivemos en conta para a nosa gráfica.
Bibliografía: “Galicia Xeografía”. Edit Hércules de Edicións. Tomo XVII, páx.170-171 e tomo XIX, páx.69.

27 ene 2011

DATOS HIDROGRÁFICOS DO TAMBRE





Despois dunha explicación sobre a información que tiñamos que buscar na clase de Sociais, fomos á biblioteca onde, rodeados de libros e enciclopedias, conseguimos ao final atopar todo o que a profesora nos pediu. Aquí está unha ficha co resultado e para coñecer toda a información que recollimos, clicade nas fotos.


DATOS HIDROGRÁFICOS DO RÍO TAMBRE


Nacemento: Montes de Bocelo, en Sobrado a 700m de altitude.

Desembocadura: ría de Muros e Noia, pola enseada do Engano.

Ancho na desembocadura: 150m

Lonxitude: 124,5 km.

Conca: 1.531km2

Caudal: 34,5 l/sg

Principais afluentes: Dubra, Barcala e Maruzo.
Outros afluentes: Cabalar, Muíño, Samo, Lengüelle.

Réxime: Pluvial-oceánico.

Concellos que atravesa: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, El Pino, Oroso, Órdenes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

25 ene 2011

A NOSA WEBQUEST



Sabías que o río Tambre pasa por 22 concellos no seu percorrido de 125 km ata chegar ao mar?
Ao longo da segunda avaliación investigaremos outros moitos aspectos sobre o Tambre e descubriremos máis cousas relacionadas co noso proxecto. Aquí atoparedes o
guión
completo do traballo a realizar.

17 ene 2011

Saída ao Mandeo

Na clase de lingua castelá traballamos unha crónica da saída en forma de crónica radiofónica en directo. Se queredes podedes escoitala mentres mirades o video.







Fixemos unha pequena reportaxe da nosa saída ao Mandeo, podemos ver algúns tramos da ruta,anacos das explicacións que a monitora nos deu na aula da natureza de Chelo e tamén polo camiño; o momento da comida, e como non! tamén da viaxe no bus.


12 ene 2011

A VIDA DO RÍO

Aquí vos presentamos un caderno sobre a vida do río, con enlaces a flora, fauna e xeoloxía. Ademáis de falar do río en xeral, en concreto fálase do río Tambre. É necesario que vos vaiades familiarizando con este caderno, pois durante o segundo trimestre desde o departamento de naturais hai programadas unha serie de actividades que para realizalas ben hai que telo lido.