28 feb 2011

PERFIL DO TAMBRE


Fixestes algunha vez o perfil dun río? Nós construímos o perfil do Tambre.
O perfil dun río é un gráfico lineal que expresa a pendente en cada tramo en función da lonxitude e da altitude.

O día 26 de xaneiro comezamos. O material necesario é papel milimetrado, lápis, regra e… paciencia.
Primeiro buscamos a información e o perfil sobre o Tambre na enciclopedia Hércules ( Logo fixemos un borrador na clase e o día 28 de xaneiro fomos á biblioteca onde realizamos o perfil con toda a precisión posible.
O proceso foi o seguinte: no papel milimetrado, e coa axuda dunha regra, trazamos unha liña que representa a lonxitude en km que percorre o río e marcámola cada 5 km. Despois trazamos unha liña vertical que representa a altura á que nace o río (altitude) expresada en metros. Unha vez feito isto, fomos unindo por puntos.
Así realizamos esta gráfica sobre o Tambre, que nace a 500m e baixa a 400m no km de percorrido. Unha observación importante: Nalgúns libros indica o nacemento a 700 metros, isto é porque consideran que nace nos montes de Bocel. Outros libros sinalan o nacemento a 500 metros, altitude que noós tivemos en conta para a nosa gráfica.
Bibliografía: “Galicia Xeografía”. Edit Hércules de Edicións. Tomo XVII, páx.170-171 e tomo XIX, páx.69.